A Policía Local de Ferrol instrúe 491 dilixencias contra a seguridade viaria no primeiro semestre do presente exercicio
A Policía Municipal de Ferrol instruíu un total de 491 dilixencias preventivas relacionadas coa seguridade viaria no primeiro semestre do presente exercicio de 2013, segundo se recolle no informe. balance elaborado polo corpo local de seguridade. Desta cantidade, correspóndense con atestados; 36 pola comisión dunha conduta delituosa e 14 por resultados lesivos derivados do accidente.
No que atinxe ao tipo de dilixencia realizada polos axentes, a máis significativa é a que se corresponde con casos de condución baixo os efectos do alcohol, cun 41,46%. A negativa á realización do test de alcoholemia supón o 11,11% dos casos e a condución se permiso ou licenza chega ao 16,66%. Outros datos a ter en conta son que 58,82% dos xuízos rápidos instruídos pola Policía Local foron por delito de alcoholemia; o 35,29% por carecer de permiso ou licenza e o 5,88% por negarse a someterse ás probas.
En canto ao perfil das persoas que cometen algún destas infraccións, o estido de cada accidente pon de manifesto que o 97,05% dos condutores que sofren un accidente de tráfico e ademais cometen un delito contra a seguridade viaria, ben por alcoholemia ben por negarse a someterse as probas, son homes e cunha media de idade de 40 anos. Mentres que esas media de idade elévase até os 54 anos para aqueles que teñen un accidente de tráfico e conducen sen permiso ou licenza por non telo ou por telo suspendido ou sen puntos.
Campañas de prevención
A campaña de prevención de alcoholemia e drogas que se leva desenvolvida ó longo deste ano tamén amosa datos destacables, xa que dos 1.200 condutores que se someteron ás probas un 4,46% deron positivo na proba de alcoholemia, tramitándose 41 denuncias administrativas (un 74,55%) por infraccións contra a seguridade viaria e 17 atestados (un 25,45%) por delitos de alcoholemia ou por negarse a someterse ás probas.. O perfil do condutor requirido para facer as probas é un home -70,41% dos casos- fronte un 29,59% de mulleres; dunha idade entre 35 e 40 anos.
En canto ás probas de drogas, neste primeiro semestre de 2013 a Unidade de Atestados realizou un total de 18 probas positivas das que se extrae que o perfil do condutor consumidor é tamén un home -94,44% dos casos- dunha idade comprendida entre os25 e os 30 anos e consumidor de cannabis ou cocaína maioritariamente. Cómpre salientar que un 26,6% dos positivos son policonsumidores, isto é, non amosan resultados positivos nunha única sustancia (cannabis, cocaína…) senón tamén noutras, principalmente opiáceos e metaanfetaminas.











