A Policía Local de Ferrol informa dun corte de tráfico na estrada da Trincheira mañá martes
A Policía Local de Ferrol informa que mañá martes 6 agosto, a calzada da estrada da Trincheira (FE-11), en sentido da marcha cara o polígono de A Gándara, permanecerá pechada ao tráfico dende a súa confluencia co acceso á Avenida das Pías, desviándose o tráfico a devandita avenida por motivo das obras de revisión dos colectores de augas residuais.
Únicamente permanecerá aberta ao tráfico no tramo horario comprendido entre as 13.00 e as 15.00 horas.











