A parroquia ordense de Ardemil revive a malla tradicional con diversión, antigüidades e boa mesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
Proceso da malla tradicional

Proceso da malla tradicional

A parroquia ordense de Ardemil reviviu hoxe tempos pasados celebrando unha malla tradicional. Unha cita á que acudiron centenares de persoas co desexo de revivir unha das actividades agrarias máis típicas do rural galego. Dende media mañá a maquinaria empregada para levar a cabo dita labor traballou a reo ata conseguir separar o gran da palla. Tanto os veciños como os visitante e medios de comunicación alí congregados non pararon en ningún momento de plasmar o arduo esforzo con cámaras e móbiles, mentres un grupo de gaiteiros facía máis levadeiro a tarefa cos seus ritmos e sons.

Pero non foi o único do que se puido desfrutar nesta xornada. Nas inmediacións expuséronse arredor de 400 vehículos entre coches, motos e tractores, a maioría deles con máis de medio século nas costas. Tamén se celebraron mostras de antigüidades, de apeiros de labranza e obxetos de toda índole como mobles, pías, ou farrapos entre outros.

Posteriormente todos os alí presentes comenzaron a festa propiamente dita, amenizada polos grupos Maldados e o Dúo Tajú, ademais da actuación dun mimo. A gran carpa instalada para a ocasión acolleu un gran xantar popular no que se degustaron, entre outras exquisiteces, de polvo e carne ao caldeiro.

Mañá domingo celebrarase o último día desta xuntanza. Será a partir das 12 horas cando dé comenzo a concentración de tractores antigos, onde se fará un percorrido pola contorna e onde se poderán contemplar pezas de ata principio do século pasado.

Novamente os encargados de organizar este evento foron os membros da Asociación Cultural Castro da Croa que, como de costume, contaron coa colaboración do Concello de Ordes.

10 de agosto de 2013 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.