publicidade hoxe

A Oficina de Información Turística de Miño recibiu 200 visitantes no primeiro fin de semana de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMiño
A-
A+

A Oficina de Información Turística do Concello de Miño, situada no Parque municipal da Rúa, recibiu máis de 200 visitas e consultas de turistas no primeiro fin de semana de agosto, datas en que se celebro a XII edición da Feira da Cebola Chata de Miño.

Respecto á orixe dos visitantes que pasaron pola Oficina de Información Turística, destacan os turistas nacionais, sobre todo de provincias limítrofes á Coruña como Lugo, pero tamén doutros puntos de Galicia. Os turistas procedentes de Madrid e León tamén son asiduos a Miño e este ano destacan os procedentes do Valladolid, Ciudad Real e Canarias.

As consultas máis usuais que realizaron os visitantes e turistas teñen que ver coas praias de Miño, e a súa situación, así como solicitaron información sobre as festas, actividades culturais e turismo activo, como as rutas de sendeirismo, ademais de solicitar información doutros municipios da provincia da Coruña.

Respecto aos visitantes estranxeiros, notouse un ascenso importante na chegada de turistas estranxeiros con respecto a outros anos que pasaron pola Oficina de Información Turística, a maior parte deles, eran peregrinos que están a facer o Camiño Inglés, procedentes de Italia e Polonia.

O Alcalde fai un balance positivo dos datos da Oficina de Información Turística de Miño e considera que “estamos a notar máis turistas este ano que anos pasados. Hai moitos que veñen cada verán e que teñen casa propia aquí e eses non se pasan pola Oficina de Información Turística porque xa coñecen o pobo, pero si que é verdade que a maior afluencia de visitantes tamén se pon de manifesto no número de persoas que frecuentan os locais de hosteleria e os comercios de Miño”. Jesús Veiga considera que “por agora está a ser un bo verán. Queda o mes de agosto por diante e a primeira quincena de setembro, onde a afluencia tamén será importante”.

A proxima semana a Oficina de Turismo reforzará o seu servizo de atención ao público coa contratación dun técnico en turismo, e ampliarase o horario actual que é:

. De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

. Domingo e festivos polas mañás de 10:00 a 14:00

. Pechado os luns e os domingos pola tarde

7 de agosto de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.