A nova tempada de obradoiros de igualdade xa conta con 200 inscricións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

Un total de 198 mulleres se teñen inscrito  na nova temporada 2013/2014 de cursos e obradoiros de Igualdade en unicamente tres días que leva aberto o prazo para apuntarse e que rematará o vindeiro 10 de setembro. Destes datos informou a concelleira responsable da área, Verónica Casal Míguez, que lembrou que –ao igual que en edicións anteriores- a oferta de actividades que fai o Concello de Ferrol responde ás preferencias demandadas polas propias mulleres.

Neste sentido, a titular de Igualdade sinalou que nesta convocatoria se decidiu ampliar o prazo de presentación de solicitudes con respecto a tempadas pasadas –estas deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a vernes, e de 09.00 a 13.00 horas os sábados-. Os modelos de solicitudes son facilitados nas propias dependencias municipais do Rexistro. Ä relación dos obradoiros que se realizarán é: Informática 3.0 ( Ofimática, Orientación Laboral, Todo Google, Blogs e Redes Sociais); Informática Social (Informática de iniciación, de repaso e para maiores de 60 anos), Alfabetización, Memoria, Ioga, Pilates, Cerámica e Fotografía. Ademais de ampliarse o prazo de inscrición, a Concellería de Igualdade tamén incrementou os espazos en que se desenvolverán as actividades. Así ao pavillón municipal de Esteiro e aos dos CEIP Juan de Lángara e Recimil súmase o do Ensanche A. O obxectivo destas medidas ¨”é chegar ao maior número posible de mulleres”, apuntou a edil ferrolá.

Premio Solidario 2013

Por outra banda,  Casal Míguez deu conta na comisión informativa de Benestar Social das entidades e relación de proxectos presentaron ao Premio Solidario 2013. En total son doce, á espera de que dúas delas completen a documentación que lles foi requirida polos técnicos municipais. As outras dez entidades aceptadas e os proxectos co que o fan son as seguintes:

– Cogami: Charlas de prevención de lesións medulares.

– Teima Down: Cooperar para aprender e aprender a cooperar.

– Alcer: Doar palabras.

– ASCM: Peciños.

– Terra de Ferrol: Dende a Terra de Ferrol para o pobo de Ferrol.

– Parkinson Ferrol: Prevención e estimulación dos procesos mentais superiores en persoas con enfermidade de parkinson.

– Afal: Herdando lembranzas.

– Asoc. Nosa Señora de Chamorro: Aprendendo a coñecer.

– Manos Unidas: Mellora do acceso á auga potable e seminario en poboacións rurais da rexión do Kara.

– Acción Familiar: Tempo para avanzar.

8 de agosto de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.