A maxia e os malabares presiden a festa de fin de curso do programa municipal “Conciliamos xogando”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+
Espectáculo da festa de fin de curso

Espectáculo da festa de fin de curso

O Concello de Neda organizou no día de onte unha festa moi especial de fin de curso do programa municipal “Conciliamos xogando”. Na mesma, tomaron parte os preto de cincuenta nenos e nenas de tres a 12 anos que, cada mañá, asistiron ás actividades propostas pola Concellería de Igualdade dende primeiros do mes de xullo. Así, nenos e nenas puideron disfrutar dun espectáculo de maxia e malabares que fixo as delicias dos máis pequenos.

Co-financiado polo Concello e a Deputación Provincial da Coruña, “Conciliamos xogando” foi un servizo de atención á infancia deseñado polo Concello para dar facilidades aos pais e nais da localidade de cara a compatibilizar a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares. O programa comezaba o pasado 8 de xullo con todas as súas prazas cubertas. O escenario principal foi o colexio público San Isidro e, complementariamente, utilizáronse as instalacións da piscina municipal.

1 de agosto de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.