A Mancomunidade de Ordes da o primeiro paso para a constitución dunha cooperativa comarcal adicada aos grelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Xuntanza da mancomunidade

Xuntanza da mancomunidade

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes a través da súa Oficina do Fomento ao Cooperativismo mantivo esta  mañá una xuntanza con productores de grelos e representantes de distintas asociacións para constituir a que será a primeira cooperativa dedicada á comercialización deste  producto.

Un proxecto que contou coa aceptación e beneplácito por parte de todos os presentes e na que se valorou moi positivamente as melloras que se darían en aspectos como a distribución, a  producción, a trazabilidade na cadea de produción ou as garantías á hora da venda. Trátase dun primeiro paso de cara á formación da que sería a primeira cooperativa deste tipo na comarca. Todo elo ten previsto abordarse no pleno convocado de cara ao vindeiro luns cos alcaldes de toda a comarca. Posteriormente terá lugar outra xuntanza xa de cara ao mes de outubro, na que se agarda a presenza de representantes de cooperativas similares, ademais dalgún membro da Consellería de Traballo.

“Trátase dun proxecto beneficioso para todos e que sen dúbida traerá riqueza para a nosa zona, fomentando e promocionando o cultivo dun dos mellores productos que temos, o grelo”, puntualizou o presidente da Mancomunidade de Ordes Manuel Regos, quen tamén apostou pola fórmula do cooperativismo nos tempos actuais porque a unión fai a forza”. Regos salientou que dende o organismo que él presidente “ofrecerase toda a axuda e o apoio posible para quen decida formar parte desta nova iniciativa”.

No día de hoxe acudiron á cita o Manuel  Regos, presidente da Mancomunidade; Luis Gómez e Ramón Vázquez, concelleiros do Concello de Ordes; Manuel Pena, técnico da Oficina de Fomento ao Cooperativismo; Ruth Rodríguez e Loli Couso, técnicas de AGACA; Carmen Gesto, representante da Asociación A Ponderosa (Anxeriz), así como un total de oito productores de diversos concellos da comarca.

28 de agosto de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.