A II Festa Medieval pechará a programación cultural de Mañufe do mes de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O programa de verán da Concellaría de Cultura de Gondomar continúa esta fin de semana coa Semana  cultural  de Mañufe. Para celebrala, o departamento que dirixe Ignacio Troncoso, organiza tres xornadas con cine, música e teatro.

O venres, 16 de agosto, cinema co filme Piratas, ás 22.30

O sábado 17 a Banda Infantil de Vincios ofrecerá un concerto ás 19.00 horas.

O domingo18, teatro coa obra Tecendo mentiras, ás 20.00 horas.

Tamén, o sábado 17, os veciños e veciñas de Peitieiros poderán gozar dunha sesión de cinema, ás 22.30 horas, co filme O soño dunha noite de San Xoán.

Última semana de agosto

Pecha agosto unha sesión de cinema en familia en Borreiros. Os máis pequenos farán as delicias co filme Ice Age 4, que se proxectará o sábado 24 ás 22.30 horas.

Pero como é de costume, o bo faise esperar e o prato forte da programación cultural para este verán chegará os días 23, 24 e 25 de agosto. Durante tres días, Gondomar regresará á época dos cabaleiros e señores feudais coa II Festa Medieval.

Dada a boa acollida do pasado ano, a Concellaría de Cultura decidiu volver apostar por esta celebración que terá lugar na Alameda, Praza do Concello, a rúa Párroco Mariño e o Paseo Carlos Casares, en horario de 11.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 23.00 horas (aproximadamente).

Entre as actividades da II Festa Medieval haberá teatro na rúa, malabares, talleres de oficios e mesmo un concerto de música barroca.

14 de agosto de 2013 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.