A hostalería de Neda promociona o pan no II Concurso do Pincho Popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

Doce locais participan na Ruta e Concurso que promove o Concello no marco da programación da XXV Festa do Pan, de Interese Turístico de Galicia.

Segundo concurso do Pincho Popular

Segundo concurso do Pincho Popular

A programación deseñada polo Concello de Neda para conmemorar este ano o XXV aniversario da súa Festa do Pan dará comezo mañá xoves coa posta en marcha da II edición do Concurso e Ruta de Pinchos “Mellor… con pan de Neda”. Unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Turística que dirixe Montse Rico que conta co respaldo da hoste-lería local. Así, doce establecementos da real vila ofrecerán aos clientes os mellores pinchos coas súas consumicións. Pinchos nos que o gran protagonista será, loxicamente, o pan de Neda.

O Concurso e Ruta prolongaráse ata o próximo 25 de agosto e os negocios participantes son os seguintes: Bar A Canteira, Pazo da Merced, Bar Hermida, Mesón O Fumazo, Bar Neda, Bar El Cu-bano, Bar A Pía, Vinoteca O Lagar, Taberna O Carreiro, Café Bar Graña, Híper Energy (E.S. Cruz do Pouso) e Mesón de Toni.

A responsable do departamento de Promoción Turística, Montse Rico, explicou que o xurado que elexirá o pincho máis saboroso e o máis orixinal será popular. É dicir, serán os propios clientes. Para isto, editaránse unhas tarxetas nas que aparecerán casillas para cada un dos locais partici-pantes. Así, aqueles que desexen formar parte do xurado deberán depositar a súa tarxeta selada en cada un dos negocios, asegurando deste xeito que degustou todos os pinchos e sinalando no documento a súa elección. Este ano, e como novidade, os locais poderán elixir o horario no que participan. Información que vai especificada nas cartillas.

A entrega de premios celebraráse no transcurso da Festa do Pan, o día 1 de setembro. Recibirán diplomas acreditativos e trofeos. Ademáis, e como novidade este ano, todas as cartillas seladas entrarán a formar parte dun sorteo co seu conseguinte premio.

14 de agosto de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.