A firma galega Helga Rivera promove o trofeo Ladies Cup, unha das citas velísticas do Trofeo Príncipe de Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesDeportes Portada
A-
A+

Helga Rivera, a destacada firma de estética galega, volve promover, por segundo ano consecutivo, a Ladies Cup, trofeo incorporado na XXVIII edición do Príncipe de Asturias, que organizan o Monte Real Club de Iates de Bayona e a Escola Naval Militar de Marín, a través da súa Comisión Naval de Regatas, e que se disputará durante os días 6, 7 e 8 de setembro.

A Ladies Cup é unha das citas clásicas e de gran tradición no Monte Real. Creada polo Club de Iates para enriquecer a participación feminina no Trofeo Príncipe de Asturias, Helga Riveira vólvese sumar á iniciativa do club baionés, unha proposta que xa colleu forma con todos os veleiros da Escola de Cruceiros Novagalicia Banco asignados ás súas respectivas patroas: as representantes da Federación Madrileña de Vela, con dous veleiros nesta edición, o capitaneado por Amparo Molla e o dirixido por Lirio González; o Equipo Natural Ladies, das castellonencas dirixidas por Conchi de Pedro; as santanderinas de Magdalena Czernik; e outros dous barcos representando os intereses da comunidade galega, o tutelado por Irene Aladro, da Escola de Vela Punta Lagoa, e o das locais do Monte Real Club de Iates de Bayona, cuxo titular é a regatista María Campos.

A edición do Trofeo Helga Rivera Ladies Cup de 2012 foi conquistado pola portuguesa Francisca Barros, do Club de Iates de Porto.

30 de agosto de 2013 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.