A Festa do Voluntariado de Vilagarcía contará coa participación da carpa Xplora
Ademais das asociacións e entidades sociais que operan en Vilagarcía e a súa zona de influenza, a Festa do Voluntariado de Vilagarcía contará tamén coa presenza da carpa Xplora Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude. Técnicos da Rede de Dinamización Xuvenil do organismo autonómico desprazaranse o sábado a Vilagarcía para participar no evento organizado pola Concellería de Xuventude e Voluntariado e informar á mocidade sobre todo tipo de iniciativas e programas do seu interese e especialmente sobre as propostas relativas ao voluntariado xuvenil tanto no eido social como medio ambiental.
A carpa Xplora Xuventude instalarse na Praza de Galicia o sábado xunto coas demais postos das organizacións participantes na Festa do Voluntariado na xornada de clausura da semana do Vountariado. A partir das 11 da mañá e ata as 15 horas, a mocidade poderá informarse sobre os recursos e programas que a Xunta ofrece a este colectivo e os técnicos ofrecerán asesoramento aos mozos e mozas interesados nalgunha das iniciativas.
A carpa contará con múltiples contidos de interese para a xuventude e, ademais de ser un punto de información, pretende converterse nun escaparate do talento xuvenil para o que ofrece o seu espazo a grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís para que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo.
Aqueles grupos de mozos e mozas, entidades xuvenís ou prestadoras de servizos á xuventude interesadas en amosar o seu traballo e as súas propostas, aproveitando a plataforma de difusión que ofrece Xplora Xuventude, poñerse en contacto enviando un email á dirección de correo electrónico infoxuventude@rgdinamizacion.es.











