A Festa do Pulpo do Carballiño mantén o nivel na súa LI edición

Comitiva da LI Festa do Pulpo
A LI edición da Festa do Polbo reunión a preto de 80.000 persoas na vila do Carballiño, chegados de toda Galicia e comunidades limítrofes, que deron conta de máis de 40 toneladas de polbo a feira na numerosas caldeiras instaladas no Parque, a vila e no propio recinto oficial.
Ás 13:00 horas o alcalde carballilñés recibía aos convidados, a directora da Axencia de Turismo, os concelleiros do concello de Vigo, cidade á que se dedicaba esta edición, o subdelegado do goberno, o delegado territorial da Xunta, o vicepresidente do Parlamento, así como a corporación carballiñesa e os alcaldes da bisbarra. Argimiro Marnotes definiu a Festa do Pulpo como “a mellor festa de toda Galicia á que o que non vén sempre se arrepinte de non ter estado”.
Nese momento o Parque Carballiñés xa estaba atestado de xente, portando pratos de polbo feira e bailando cos sons das charangas e os grupos folclóricos. Durante o percorrido dende a entrada do Parque ata o recinto non faltou a parada nun delos postos de polbo, onde o alcalde non dubidou en “picar” e servir unha tapa de polbo a feira a todos os convidados oficiais.
Liego xa no recinto se anunciou a dedicación do próximo ano. Aos centros galegos en Cataluña, e por tal motivo estaban xunto co alcalde Manuel Díaz, secretario xeral para a emigración, Manuel carrete do centro galego de Barcelona, Manuel Prado de la Xuntanza catalá, Francisco Álvarez da casa galega de Hospitalet, Alfonso Rico presidente da asociación cultural Rosalía de Castro, Manuel Valdes, e Antonio Lagarón presidente da Agrupación Cultural Galicia. Todos eles recolleron a testemuña da próxima dedicación asegurando sentirse honrado por merecer ese recordo dende Galicia e máis en concreto dende O Carballiño.
A festa continuou durante toda a tarde, poñendo o broche a orquestra Alkar coa súa actuación na Praza Maior.











