A festa do Pan do Salnés prepara un obradoiro de produtos derivados da fariña milla para cativos
A XII Festa do Pan do Salnés celébrase este sábado día 10 na Carballeira de Ribadumia e nos Muíños de Batán, mesturando a tradición dos muíños e da moenda coa gastronomía e a cultura. O Concello de Ribadumia, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere poñer en valor e divulgar entre os mais pequenos a tradición etnográfica e elaboración do pan.
Xunto coa recreación do proceso da moenda estase a preparar un obradoiro infantil de produtos derivados da fariña milla no que os mais pequenos recuperarán receitas como as papas de fariña milla, que formou parte da mencionadas por pais e avós, e o pan, un produto tan cotiá pero ao mesmo tempo tan presente en todos os fogares.
Tódolos nenos que se acerque ata a festa poderán participar nesta actividade de balde e sen necesidade de inscrición previa.











