A Festa do Marisco do Grove terá unha redución de custos motivada polas perdas acumuladas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Grove
A-
A+

O Alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez García, informa que na edición 2013 da Festa do Marisco se continuará coa política de redución de custos emprendida polo actual Goberno Local.

Os dereitos recoñecidos netos pola explotación dos prezos públicos ascenderon na edición de 2012 a 287.618,04 €, mentres que na edición 2011 foron de 367.298,08 €, diferenza na que se debe ter en conta tanto o menor número de días de duración da edición de 2012 como tamén o descenso do número de visitantes a esta.

A este respecto e como consecuencia da menor afluencia de visitantes en 2012, debe terse en conta que se produciu así mesmo un descenso no importe das obrigas recoñecidas netas por “Subministracións” respecto á edición de 2011 por importe de 40.038,32 € (184.882,57 € fronte a 224.920,89 €) e no total de “Outras actuacións sectoriais” de 73.637,36 € (380.461,89 € fronte a 454.099,25 €).

A evolución dos resultados obtidos na celebración das distintas edicións da Festa do Marisco foi a seguinte dende o ano 1996:

ANO

GASTOS

INGRESOS

DIFERENCIA

1996

138.299,47

133.077,73

-5.221,74

1997

138.111,42

119.892,57

-18.218,85

1998

213.163,52

204.618,56

-8.544,96

1999

228.766,37

237.239,48

8.473,10

2000

227.726,55

190.821,34

-36.905,21

2001

276.941,14

259.084,11

-17.857,04

2002

329.029,07

297.693,06

-31.336,01

2003

366.930,60

322.685,67

-44.244,93

2004

421.623,79

374.920,13

-46.703,66

2005

468.572,25

359.535,81

-109.036,44

2006

533.878,69

417.411,11

-116.467,58

2007

511.372,66

457.260,13

-54.112,53

2008

521.448,09

455.103,46

-66.344,63

2009

539.614,24

638.561,30

98.947,06

2010

526.915,15

494.323,16

-32.591,99

2011

456.247,94

375.724,08

-80.523,86

2012

381.061,89

292.118,04

-88.943,85

TOTAL

6.279.702,85

5.630.069,74

-649.633,11

É necesario destacar que dende 1996, soamente as edicións de 1999 e 2009 xeraron beneficios pola obtención de importantes subvencións procedentes doutras administracións.

En concreto os resultados positivos obtidos en 1999 obedecen á obtención de 30.501,36 € procedentes da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Na edición de 2009 obtívose a maior subvención dada a unha edición da Festa do Marisco por importe de 137.999,00 € procedente da Xunta de Galicia que axudou a compensar o déficit obtido nesa edición.

Edición de 2013

O compromiso do Goberno Local é, dentro dunha política de contención de custos, a continua mellora e innovación permanente para os efectos de seguir posicionando á Festa do Marisco do Grove como o mellor evento gastronómico de España. Para iso solicitouse o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional e emprendeuse a senda da súa comercialización en mercados emerxentes, como a recente presentación realizada en Alemaña.

Igualmente na edición deste ano preséntase un cartel de actos moi importante de cara a celebrar o 50 aniversario.

14 de agosto de 2013 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.