A festa das Asociacións de Tomiño contará cun gran número de actividades que atraerá tanto a visitantes como veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTomiño
A-
A+

ADETO ten todo listo para que este fin de semana sexa un bullicio de xente. Empezarase o Sábado ca inaguración da Feira de Oportuniades do Comercio de Tomiño, a Mostra das Asociacións – algunhas delas ofertarán pratos ou postres típicos a prezos populares -, a mostra de Artesania, e a exposición de arte de diversos artistas Tomiñeses (pintores, escultores,….) que exporán no centro de Tomiño. Darase inicio as 10 horas. Durante a mañán e a tarde actuarán diferentes grupos de Tomiño, así como inchables e actividaes de Ludoteca, tamén contaremos con una exposición de fotos que Loreto, fotógrafa tomiñesa, que mostrara os rincos de Tomiño dende unha perspectiva diferente, que dislumbrará a tomiñeses como a foraneos.

As 20 horas, dará inicio na Praza da Mina a I Carreira Popular de Tomiño, no que correrán xentes vidas dende moitos puntos de galicia, como participantes de recoñecido prestixio mundial.

O rematar teremos un serán, onde todos podremos disfrutar dunha noite espectacular, na que diversos grupos semiprofesionais e a mater nos farán disfrutar da música.

O domingo, volverase a comenzar as 10 horas, e seguiremos contando con mais grupos de tomiño, a Feira de Oportuniades do Comercio de Tomiño, a Mostra das Asociacions, a mostra de Artesania, e a exposición de arte de diversos artistas Tomiñeses, darase inicio as 10 horas. Seguiremos contando con inchables e actividaes de Ludoteca, para as 19.00 contactar coa actuación do Rey Midas, e para un fin de festa espectacular con Erick Feles e Fran Estevez co proxecto Trovaita.

1 de agosto de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.