publicidade hoxe

A Feira da Cebola Chata de Miño reúne a centos de visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMiño
A-
A+
Asistentes á feira visitando un dos postos

Asistentes á feira visitando un dos postos

Miño acolle dende onte a XII edición da Feira da Cebola Chata, e o bo tempo acompaña para que centos de miñenses e visitantes acudan ao pobo para visitar a feira. “Estamos moi satisfeitos co resultado que está a ter a feira, que é un medio para promover a cebola chata,” destaca o alcalde de Miño, Jesús Veiga na súa visita esta mañá á feira. O rexedor miñense, acompañado por outros membros do equipo de goberno, percorreu as distintas áreas da feira na que poden verse e adquirirse diferentes especies de produtos, dende o mercado tracicional de cebolas, a exposición de artesania e a feira de oportunidades do comercio local.

Ao respecto, o alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabin,destaca a importancia da elevada participación de ceboleiras, subliñando que ano tras ano se conta con máis participación e tambien máis público que se anima a coñecer e gozar desta feira, na que todo xira en torno á cebola.

O éxito da Feira reside na cebola, pero se hai algo que atrae o público en xeral son as degustacións gastronómicas de empanadas a base de cebola chata como ingrediente principal, que será na xornada do domingo a partir das 19,00 horas.

A XII edición desta feira complétase con pasacalles, xogos infantís, feira de artesania, pintura en vivo e actuacións musicais, ademá da feira de oportunidades Miño Stocks.

3 de agosto de 2013 | 14:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.