A Eurocidade promove sabores tradicionais e música folk no primeiro fin de semana de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaVerín
A-
A+

Mañá 02 de agosto, no Jardim Público de Chaves, arranca a primeira feira adicada ao Pastel de Chaves, que contará coa animación a cargo do Festival de Música Tradicional Folk, Flaviaefest 2013, e dos que a organización agarda unha importante presenza do público, tanto pola unión dos dous eventos como polo mes de celebración.

Trátase dunha iniciativa de promoción e revalorización dos produtos e da rexión, onde o Pastel de Chaves será o produto estela. Despois do fumeiro en inverno, segue agora a do Pastel en verán, co fin de promocionar os produtos rexionais. O evento proporcionará tamén o contacto estreito cos “saberes”, para transmitir unha noción ao visitante da importancia da herdanza cultural. Na súa esencia, ademais de devolver as tradicións gastronómicas e artesanais ao seu lugar na comunidade e de ser un medio promocional turístico global, este certame pretende constituírse como un importante instrumento de promoción e revalorización das artes e oficios.

A animación será a cargo do Flaviaefest, que proporcionará un ambiente único, onde as actuacións de grupos de renome internacional permitirán divulgar a música tradicional e mostra de novos proxectos de música do mundo, asociándose á venda, exposición e degustación dos “sabores” e “saberes” da rexión.

A iniciativa está organizada organizada polo Município de Chaves e Academia de Artes de Chaves, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, ACISAT – Associação Empresarial do Alto Tâmega, ADRAT e Associação Chaves Viva. O programa desta iniciativa, con entrada libre, e que se desenvolverá venres (de 20 a 01 horas -horario español-), sábado e domingo (de 16 a 01 horas -horario español-), é o seguinte: Projecto Enraizarte | Fanfarra Kaustika | Indigo (venres, a partir das 22.30 horas), Workshops de música tradicional e capoeira (sábado, ás 16 horas), Senhor Vadio | Quempallou | Roncos do Diabo (sábado, a partir das 22.30 horas), Estica-me as peles | Fadomorse  (domingo, ás 22.30 horas)

1 de agosto de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.