A Escola Municipal de Fútbol do Carballiño seguirá sendo xestionada polo Concello
Con motivo da continuidade da Escola Municipal de futbol para a tempada 2013-2014 e despois da reunión mantida cos titores dos alumnos da mesma nos que un grupo deles formaron unha mesa de traballo xunto cos responsables municipais, para chegar á solución máis oportuna con tódalas partes, chegouse ao seguinte acordo despois de barallar varias opcións.
O Concello do Carballiño continuará coa xestión da Escola Municipal de Fútbol a tódolos efectos, tal e como se viña facendo ata agora a excepción do transporte, buscando asimesmo durante o periodo de inicio da escola e ata decembro de 2013 como máximo, unha formula de continuidade para a competición, según o acordo ao que cheguemos cos titores dos nenos durante ese periodo, facendo deste curso 2013-14 un espazo de transición na busqueda da fórmula mais apropiada para a continuidade.
Con todo esto queremos deixar claro a continuidade da Escola Municipal de Futbol, obxetivo prioritario do Concello do Carballiño.
Aproveitamos a ocasión para informarlles que o prazo de inscrición abrirase este vindeiro luns 5 de agosto, formalizándose a matrícula coma sempre na área de deportes do concello do Carballiño, segundo andar.











