A enseada do Orzán acolle o XXVII Trofeo Teresa Herrera de Traineras

Presentación da competición
O Concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, presentou o XXVIII Trofeo e 10ª Bandeira de Traiñeiras Teresa Herrera 2013 que se celebrará este fin de semana na enseada da praia do Orzán e na que participan as mellores embarcacións galegas. En concreto, na Coruña competirán 17 clubs de traiñeiras: Amegrove C.R.; S.D. Samertolameu – Meira; C.R. Chapela; C.R. Vilaxoan; C.R. Cabo de Cruz; C. Mar Mugardos; C.R. Ares; C.R. Mecos; C. Regatas Perillo; C.R. A Cabana – Ferrol; C.R. Poboa; A.O. Esteirana; S.O.R. Morrazo; C.R. Rianxo; C.R. Robaleira; C.R. Coruxo; e X.X. Cesantes.
“O noso Teresa Herrera de Traineras converteuse, por dereito propio, nunha cita ineludible no calendario estival do deporte coruñés”, destacou o concelleiro e engadiu: “É impresionante observar, ano tras ano, como a Enseada do Orzán recibe ás mellores embarcacións galegas ofrecendo unha espectacular regata para o desfrute de todos os espectadores que se acheguen ao paseo marítimo”.
Como en edicións anteriores a regata arrancará o sábado, 10 de agosto, coa regata clasificatoria, a partir das 18.00 horas, e que determinará que clubs participarán na proba do domingo, día 11, que arranca ás 12.00 horas tras a tradicional ofrenda aos homes do mar e a Salve Marinera.
Haberá premios de entre 200 e 2.500 euros, ademais da tradicional Bandeira de Honra para a traiñeira vencedora que para tela en propiedade ten que gañala dous anos consecutivos ou tres anos alternos. Nesta ocasión, e como Amegrove gañou en 2011 e en 2012 e se levou a bandeira en propiedade, houbo que confeccionar unha nova que non se levará ningún club a non ser que gañe un que gañase xa 2 veces anteriormente.
Francisco Mourelo animou todos os coruñeses e visitantes a gozar deste espectáculo que, ademais, combina á perfección algún dos grandes valores inherentes ao deporte como o afán de superación, o compromiso ou o traballo o equipo.











