A embarcación La Rabuda domina a V Regata Verán
Este sábado dábase por finalizada a última proba da V Regata Verán que organiza o R.C. N. Portosin, un percorrido costeiro de 16, 3 millas nauticas imposto polo Oficial de Regatas D. Juan Insua de la Federación Gallega de Vela.
O sinal de saída que soaba ás 13 horas 11 minutos poñía a todas as embarcacións en dirección a un pequeno desmarque no interior da Ría de Muros Noia, para despois de deixar por babor, izar os spinaker e poñer rumbo ás faldras de Monte Louro onde se encontra o segundo lugar de paso coñecido como enseada de San Francisco, unha baliza situada a unhas cinco millas náuticas de distancia que lles sirivió para izar os spinaker e aproveitar uns para trimar, probar e optimizar e outros para realizar unha degustación gastronómica típica dos que gozan dunha forma menos competitíva pero igual de divertida do mundo da vela. Unha vez alí arriada de Spis por babor e virada a estribor para enfilar a vila de Muros virar por estribor a baliza 3 e volver ao mesmo punto en Monte Louro, dende aí un última, longa e intensa cinguida con 14 nós de vento no seu inicio e 18 na súa parte final.
Unha vez en terra, comida conxunta de todos os regatistas, para intercambiar impresións e discutir decisións, gozando dun gran menú da man de Xavi.Los galardoados nesta regata serán convocados para o día 31 onde o R.C,N, Portosín organizará unha gran Gala de final de Temporada.
1º Clasificado La Rabuda Uno de D.Fernando Gonzalez
2º Clasificado Kanala de D. Ignacio Ecenarro
3º Clasificado Lola, Quique, Paula, Begoña e Carlitos…. un Y24 da escola de Vela do R.C.N.Portosin.











