A Deputación de Lugo colabora novamente na Romaría da Virxe da Veiga en Negueira de Muñiz
A Deputación colabora outro ano máis co Concello de Negueira de Muñiz para promocionar a Romaría da Virxe da Veiga. A xuntanza popular será o xoves 15 de agosto e as actividades que teñen deseñadas para o evento están dedicadas á todas as idades, dende os máis cativos ata os máis maiores. O evento é de carácter local é ten como finalidade crear e fixar relacións de semellanza entre a xente que se achegue ata o evento; veciñas e veciños de Negueira e dos concellos próximos a esta vila.
O organismo provincial ve neste tipo de iniciativas unha grande oportunidade para crear unha identidade común entre os asistentes ó mesmo tempo que dinamizar en certa medida a economía local. Por iso a Deputación colabora co concello no financiamento da Romaría aportando 3.000 euros que serán destinados para financiar parte das ás actividades gastronómicas e lúdicas que se ofrecen.
Programación da Romaría
A xornada comeza con actividades para os máis picariños que veñen da man do grupo de Teatro Piruleta. O espectáculo basase na combinación de distintas disciplinas das artes escénicas como teatro, maxia, globoflexia ou malabares. De seguido o Concello de Negueira de Muñiz, coa colaboración da institución provincial, convida ós asistentes da festa ó xantar: unha churrascada popular gratuita. A Romaría estará amenizada por un acordeonista que encherá o lugar de música tradicional, perfecta para eventos deste tipo. Na noite, cara as 12 haberá un espectáculo pirotécnico e ó remate, a festa continúa da man dun deejay que fará sonar as cancións estrelas do punk, rock ou newpop.