A Coruña convoca un concurso fotográfico para seleccionar as imaxes do Calendario Municipal de 2014
O Concello da Coruña informa de que dende o 5 de agosto e ata o 5 de outubro estará aberto o prazo para participar no concurso fotográfico Calendario Municipal 2014, que seleccionará 12 imaxes da Coruña que formará parte da devandita publicación. O calendario consta de 24 imaxes, 12 delas en branco e negra son fotografías do pasado da cidade, e outras 12, en cor, son actuais. No concurso decidiranse estas 12 últimas.
As persoas interesadas en participar poden enviar ata un máximo de 3 fotografías en cor realizadas no termo municipal da Coruña á dirección de correo electrónico concursofotografico@coruna.es indicando Concurso calendario municipal 2014. Os participantes téñense que comprometer a ceder os dereitos de imaxe e deben contar coa autorización das persoas que saian nas fotografías e que poidan ser recoñecibles.
Ademais da súa publicación no calendario municipal, os 12 gañadores recibirán un lote de libros de fotografía e varios exemplares do calendario. O xurado estará formado polo alcalde ou persoa en quen delegue, dous membros do colectivo de Fotoxornalistas Coruñeses e dous concelleiros ou persoas nas que deleguen. O resultado darase a coñecer antes do 15 de outubro de 2013.











