A Coruña afianza a súa colaboración coa Fundación Terra de Homes no proxecto ‘Viaxe cara á vida’

Miguel Lorenzo na reunión
O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Fundación Terra de Homes por importe de 6.000 euros.
Esta cantidade destinarase a financiar parte dos gastos derivados da realización de actividades enmarcadas no proxecto de Terra de Homes Viaxe cara á vida. Trátase dun programa de asistencia médica á infancia de países do chamado Terceiro Mundo dirixido a aqueles pacientes que necesitan unha intervención con tecnoloxía que non existe nos seus lugares de orixe, proporcionándoos, ademais, unha familia de acollida para o proceso de recuperación.
Con este novo acordo, o Concello reforza o seu apoio a esta oenegé, que comezou o seu traballo en España en 1994, e coa que o Goberno local colabora de forma habitual.











