A corporación coruñesa manifesta o seu pesar polo falecemento de Manuel Martín Ferrand

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña expresa o seu pesar polo falecemento do xornalista coruñés Manuel Martín Ferrand. O Alcalde, en nome da Corporación municipal, fai extensivas as súas condolencias a familiares, amigos e profesionais da comunicación, ámbito no que desenvolveu unha destacada carreira xornalística, neste momento de profunda dor.

Manuel Martín Ferrand foi, durante as últimas décadas, un dos grandes comunicadores do noso país e mestre de xornalistas. O seu paso pola profesión deixou, sen dúbida, pegada en toda unha xeración de informadores, polo que o Concello da Coruña lamenta a súa perda.

30 de agosto de 2013 | 21:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.