A Confraría da Virxe do Mar de Cedeira realizará unha recollida de alimentos a favor de Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

A Confraría da Virxe do Mar de Santa Ana levará a cabo este sábado, 10 de agosto, unha recollida de produtos alimenticios a favor de Cáritas. Uns quince membros da confraría participarán na iniciativa solidaria durante toda a xornada. Así, perfectamente identificados desprazaranse aos supermercados para solicitar as doazóns de veciños e turistas e, ao mesmo tempo, instalarán pequenas caixas para o depósito dos alimentos no pequeno comercio local.

É a terceira ocasión no que vai de ano que a confraría realiza esta iniciativa, con moi bos resultados tanto en febreiro coma en maio. Dende o colectivo agradécese a colaboración e solidariedade da cidadanía e invita a reeditala este sábado.

9 de agosto de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.