A Concellaría de Servizos reforza a limpeza na fin de semana o ámbito das festas e das peñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, que xestiona Carme da Silva, volve por en marcha esta fin de semana un servizo especial de limpeza en todo o ámbito de celebración das festas da Peregrina, e tamén na zona monumental pola reunión de peñas -coincidindo coa celebración das touradas-, en distintas prazas do centro histórico. A empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza da cidade, creou un plan no que participarán 55 traballadores (seis máis que a pasada fin de semana) e 19 máquinas de diversa índole para manter en perfectas condicións de limpeza e hixiene o centro histórico da cidade.

A empresa Cespa destinará para este servizo extraordinario, cada un dos días, ata 55 operarios (1 xefe de servizo, 2 encargados, 1 xefe de taller
e 51 operarios). Dividirán a zona monumental en tres sectores: Campiño de Santa María, praza do Teucro e praza da Ferraría, e terán un dispositivo especial no ámbito das festas (Alameda, Palmeiras, Raíña Vitoria…).

A distribución do servizo será a seguinte:

– 28 operarios a pé

– 3 furgóns/sopladoras

– 7 varredoiras

– 3 lavabeirarrúas

– 3 camións de recollida de lixo (con dous operarios cada un)

– 3 cisternas

Cabe lembrar que este operativo especial compleméntase co habitual servizo de limpeza e recollida no resto da cidade durante o resto do día, o que deixa patente o esforzo extra que ten que facer a Concellaría e a concesionaria para manter en condicións de salubridade o ámbito urbano de Pontevedra. Por iso solicita a colaboración e a comprensión de todos os cidadáns.

8 de agosto de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.