A compañía de teatro Ultreia actuará hoxe venres en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A compañía de teatro Ultreia volverá poñer en escena este venres no Teatro de Beneficencia a obra “A Vinganza de don Mendo”, dirixida por Elixio César Silvent. A función será a beneficio nesta ocasión da Comisión de Festas de Ortigueira 2014.

Os veciños/ás e visitantes que non tivesen ocasión aínda de gozar desta obra, a máis coñecida astracanada de Pedro Muñoz Seca, terán o venres 16 de agosto, a partir das 21:30 horas, unha oportunidade única de facelo. A compañía local de teatro afeccionado Ultreia decidiu apoiar o traballo da Comisión de festas de Ortigueira do 2014 programando unha nova función desta célebre comedia en verso.

Cabe recordar que a compañía que dirixe Elixio César estreaba con enorme éxito esta obra en decembro do pasado ano e que durante a última representación, programada hai tan só un par de semanas, conseguiron esgotar novamente as localidades.

As entradas terán un prezo unitario de 5 euros e pódense adquirir xa, de xeito anticipado, tanto na cafetaría Ciclón (Ortigueira) coma no restaurante Las Palomas (Espasante), e en despacho a partir das 20:30 horas do venres.

16 de agosto de 2013 | 15:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.