A comisión dos festexos de setembro comeza o cobramento das cotas ao comercio e a hostalaría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Os integrantes das comisión de Festas de San Cibrao, que este ano organiza a asociación de hostaleiros do Carballiño, comezaron a cobrar estes días as cotas dos locais e negocios da vila. Os encargados de cobrar estas achegas van debidamente identificados, cunhas tarxetas co selo da asociación de hostaleiros e do propio concello.

Este ano cobrarase unha cota fixa aos bares, na que está incluída xa a inserción da publicidade no libro das festas. Pola súa banda aos negocios ofréceselles unha cota voluntaria, sen cantidade fixa, e a maiores o anuncio para os que desexen aparecer no citado libro das festas.

Por outro lado, unha vez estean realizados os libros de festa procederase ao c obro da cota dos veciños, que terá un importe de 10 euros, aos que se lles regalará o devandito libro con toda a programación, os anunciantes e as colaboracións habituais nos libros das Festas de san Cibrao.

A comisión de festas sinalaba que xa están contratadas catro actuacións, entre as que se encontran as mellores orquestras de Galicia, e que a programación musical se completará segundo as achegas finais de hostalaría, comercio e veciños.

7 de agosto de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.