A cidade de Pontevedra acolle dende o 6 de agosto o IV Festival de animación de rúa “Itineranta”
A programación de festas do verán do Concello de Pontevedra céntrase nesta semana no IV Festival internacional de animación de rúa “Itineranta”, antes de dar a benvida á semana grande de festas da Peregrina que se prolongarán dende o 10 até o 18 de agosto.
Co Itineranta as rúas de Pontevedra volverán vibrar co espectáculo de luz, son, pirotecnia… os días 6, 7 e 8 e agosto polas rúas e prazas da cidade.
Na xornada do martes, 6 de agosto, están previstas as seguintes actuacións:
– Fadunito co espectáculo “La gran familia” a partir das 21.00 horas.
– Ás 21.30 horas sairá Kull d`Sac co seu espectáculo “Muñecos”
– Ás 22.00 horas será Brincadeira con “La danza de la calle”
O mércores, 7 de agosto actuarán:
– Maduixa Teatre co espectáculo “Meganimals” que sairá ás 20.45 horas.
– Fadunito co espectáculo “Le Petit Cirque” ás 21.00 horas.
– Kull D´Sac co espectáculo “Le Mascherate” ás 21.015 horas.
– Palo Q´Sea co espectáculo “Rompe Candela” ás 21.45 horas.
– Deabru Beltzak co espectáculo “Les Tambours de Feu” ás 22.15 horas.
A xornada do xoves, 7 de agosto actuarán:
– Factoría Circular co espectáculo “Rodafonio” ás 21.00 horas.
– Maduixa Teatre co espectáculo “Tam Tam Percusión” ás 21.30 horas.
– Troula Animación co espectáculo “PachaMama” ás 22.00 horas.
As actuacións desenvolveranse por tres rutas distintas, a horas distintas (en función do espectáculo), de tal xeito de que non interfiran entre eles, e as rúas estean cheas de música, color, espectáculo, pirotecnia…
A ruta A ten o seguinte percorrido: Méndez Núñez, Pai Sarmiento, Verdura, Pai Sarmiento, Leña, Pasantería, Ferraría e chegada á praza da Peregrina.
A ruta B ten por percorrido: praza do Teucro, Princesa, Cinco Rúas, Sabela II, Méndez Núñez, Pai Sarmiento, Verdura, Ferraría e praza da Peregrina.
O percorrido C será o seguinte: praza de España, Michelena, Peregrina, Ferraría, Soportais e Curros Enríquez.
O venres, 9 de agosto, tamén está previsto o esperado concerto da Banda de Música de Pontevedra “Concerto coas campás da Peregrina” a partir das 21.00 horas na praza da Peregrina.











