A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña alberga a exposición escultórica de Camilo Seira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa que dende hoxe e ata o 31 de agosto a Casa Museo Casares Quiroga albergará Revisións, a exposición de esculturas de Camilo Seira. O horario de visita será o seguinte:

– De martes a sábado, de 10.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.00 horas

– Domingos e festivos, de 10.30 a 14.00 horas.

Camilo Seira é un escultor de vocación que iniciou os seus traballos ao abeiro de Fernando Blanco, alumno de Asorey. Esta experiencia permitiulle achegarse ao oficio que complementou cunha licenciatura en Belas Artes. O seu arraigamento á terra, de quen toma o nome Seira, o seu amor á natureza e a súa formación convértense nunha combinación na que partindo da tradición o seu traballo se interna na contemporaneiade. E faino cun dominio dos distintos materiais, como o granito ou a madeira, dos que extrae toda a súa ductilidade, para crear esculturas nas que a figura e a natureza son o fío condutor e o referente sempre presente. O seu dominio técnico e a súa creatividade permitíronlle traballar no retador mundo do monumento público, do que nos mostra, a xeito de revisión, unha selección nesta exposición.

2 de agosto de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.