A Casa do Concello de Ordes xa luce unha nova fachada

A fachada remodelada
A fachada do Concello de Ordes luce un novo aspecto, tras a remodelación efectuada grazas á subvención que con tal fin foi concedida no seu día pola Xunta de Galicia. Milleiros de veciños e visitantes xa poideron desfrutar durante as últimas festas desta nova imaxen que combina as cores area e branca.
Aínda queda pendente o arranxo do interior do inmoble, o que sí funciona xa é o novo reloxo, que leva incluido un avanzado e preciso mecanismo de funcionamento, que leva incluido con sistema GPS.











