A carpa informativa Xplora Xuventude visitará Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocalXuventude
A-
A+

O obxectivo desta iniciativa é informar á mocidade dos distintos recursos que teñen á súa disposición.

Na instalación contarán co asesoramento de técnicos especializados.

Estará instalada, con motivo do Día da Xuventude, entre as 18:00 e as 21:00 horas no Paseo de Ribeira.

A carpa informativa Xplora Xuventude chegará mañá ao concello de Baiona. Estará instalada, con motivo do Día da Xuventude, entre as 18,00 e 21,00 horas no Paseo de Ribeira.

Trátase dunha campaña da Consellería de Traballo e Benestar, organizada a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que tenta achegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados á mocidade, aproveitando a celebración de eventos con gran afluencia de público, coma neste caso.

Na instalación, ofertaranse contidos de interese, e os interesados disporán tamén do asesoramento de técnicos especializados, que forman parte da Rede galega de dinamización xuvenil.

Non só haberá información, senón que a carpa servirá tamén como un espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

Para a consulta sobre as datas e lugares de realización desta campaña informativa, os interesados en participar poden atopar máis información na páxina web xuventude.xunta.es.

9 de agosto de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.