publicidade hoxe

A Cañiza estreará unha Festa do Xamón con categoría de Festa de Interese Turístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

O 15 de agosto A Cañiza celebra o seu día grande. A Feira do Xamón que este ano conta cun atractivo especial ao ter sido declarada polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia, celebrado o pasado 11 de xullo, como Festa de Interese Turístico da CC.AA.

A súa singularidade, marcada polos elementos enxebres que a rodean, a exquisitez do xamón que só nestas terras altas do Paradanta alcanza un nivel de curación exclusivo xunto coa afluencia de xente que ano tras ano acoden a esta cita gastronómica, foron decisivos para que hoxe A Cañiza conte con esta distinción para a súa festa.

A Feira do Xamón xa conta coa Declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

A súa antigüidade, os seus elementos singulares, o arraigamento no tempo e os valores culturais que conflúen nesta celebración foron determinantes para que a Xunta concedese esta distinción.

Pola súa antigüidade porque a Feira se vén celebrando ininterrompidamente dende fai 47años.

pola súa singularidade ao contar con numerosos aspectos orixinais en canto á decoración que loce a localización da feira ( pallozas de colmo que eran os antigos postos que concorrían nas feiras para que os labradores lucisen os seus produtos sen mollarse ou queimarse polo sol, mesas cubertas con tellados de palla, desfiles co carro típico galego tirado por vacas, cargados de xamóns, que era o antigo medio de transporte e os centenarios cabezudos da Cañiza de cuxa antigüidade temos constancia fotográfica. No ano 1902 xa procesionaban polas rúas dunha nova parroquia chamada A Cañiza.

Todos estes elementos, unidos á oferta de degustación dun produto único e de máxima calidade, como o é o xamón da cañiza, que nestas terras alcanza o mellor grao de curación, fan deste evento gastronómico un dos máis concorridos do verán galego.

Polo seu arraigamento no tempo xa que a Feira marca unha data no calendario local. O 15 de agosto converteuse hai tempo nun referente para visitar A Cañiza tanto por parte dos turistas coma dos cañicenses que viven fóra. É a data para visitar a Vila.

A feira destaca tamén polo alto grao de participación dos cañicenses que aproveitan o escaparate que ofrece a xornada para mostrar outros produtos típicos da localidade e da bisbarra, como son os seus queixos, o mel, o viño e por suposto outros produtos do porco que logo se comercializará durante todo o ano ( os ingredientes do cocido, os salchichóns, lombos, chourizos e touciños entrefebrados).

Polo seu marcado valor cultural ao recuperar da memoria histórica algúns dos elementos xa esquecidos dos usos e costumes da zona.

Por todo iso A Feira do Xamón conta xa coa Declaración de Festa de Interese Turístico.

9 de agosto de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.