A brigada forestal de MOs intervén no último mes e medio nun total de 30 incendios no suroeste de Pontevedra

Brigada forestal de Mos
O Concello de Mos conta dende o pasado mes de xullo cunha brigada forestal composta por 10 traballadores, da que dispón gracias a un convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural. No mes e medio de servizo, esta decena de brigadistas leva intervido nun total de 30 lumes, 10 deles rexistrados no municipio de Salceda de Caselas, outros 10 no termo municipal do Porriño e os 10 restantes repartidos entre as localidades de Baiona, Fornelos de Montes e o propio Mos. Ademais de actuar con celeridade en incendios forestais paliando os danos causados no monte polo lume, esta brigada colabora tamén co Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, intervindo en incendios urbáns. O último destes casos rexistrouse sen ir máis lonxe onte domingo na parroquia mosense de Sanguiñeda, nunha empresa na que se produciu un lume que finalmente logrou ser extinguido coa axuda do persoal contratado. Ademais da extinción de incendios, o persoal desta brigada realiza tamén tarefas de prevención dos mesmos, facendo traballos de limpeza e desbroce de maleza.
No que respecta á contratación de medios para esta brigada de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, o Concello de Mos fixo este ano un especial esforzo neste sentido, logrando conveniar tamén un vehículo motobomba, un vehículo nodriza de 8.000 litros e un vehículo todoterreo.
Os 10 traballadores da brigada forestal mosense están integrados no Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que conta con outros dous membros a maiores. Para movilizar a este persoal, que suma un total de 12 traballadores, en caso de localizarse un lume pódese chamar por teléfono ós números 112, 085 e 667103090.
Gracias ó convenio coa consellería de Medio Rural en materia de prevención e loita contra os incendios forestais a administración local mosense contratou a 5 conductores de camión motobomba que se encargan de conducción de dous deste tipo de vehículos, e a unha brigada de desbroce de outros 5 traballadores composta por un capataz e 4 peóns; ademais de financiar os gastos en material coma combustible para os camións, mangueiras, etc.
A subvención ascende a uns 62.000 euros en total, 34.000 para persoal e camións motobombas, e 28.000 para a brigada de desbroce. No caso dos motobombas, a consellería proporciónalle ó Concello de Mos sobre 4.800 euros por mes e camión para pagar os salarios dos 5 conductores e afrontar os gastos de material, o que suma a cifra de 34.000 euros antes citada.
Os 5 traballadores contratados como conductores de camión motobomba cubrirán ata mediados do mes de outubro aproximadamente, durante os 7 días da semana, -incluídos os festivos-, durantes 16 horas diarias repartidas en dous turnos diferentes, o servizo de prevención e loita contra incendios forestais no distrito 18, distrito ó que pertence o municipio de Mos.
O distrito 18 da zona suroeste da provincia de Pontevedra abarca os concellos de Mos, Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, A Guarda, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Tui, Tomiño e Salvaterra.
Pola súa banda os 5 traballadores da brigada de desbroce para a prevención de incendios, un capataz e 4 peóns, cubren tamén este mesmo distrito 18, pero ata principios de outubro.
Sobre este convenio as representantes municipais Nidia Arévalo e Julia Loureiro, alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente mosenses, respectivamente, declaran sentirse “satisfeitas e orgullosas porque supuxo a creación de 10 novos postos de traballo que contribúen a mitigar o problema do desemprego ó tempo que protexen a Mos e a todo o distrito 18 do suroeste de Pontevedra do perigo dos incendios durante a época estival, facendo unha incuestionable labor medioambiental que demostra, unha vez máis, que o de Mos é un Concello concienciado co respecto e a protección da natureza”.











