A biblioteca da Praza de España exporá unha colección de libros troquelados da Biblioteca Municipal de Salamanca
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informa da apertura dunha nova exposición na Biblioteca Municipal Central da praza de España. Trátase da mostra titulada “A colección de Libros Troquelados da Biblioteca Municipal de Salamanca”.
Esta mostra pódese visitar até o vindeiro 27 de agosto na Sala de Exposicións da biblioteca ferrolá, situada no terceiro andar. O horario de visita é de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas; e de 17.00 a 21.00 horas.











