A Banda de Música de Torroso celebra en Mos o seu XV Certame de Bandas de Música Populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

Como vén sendo tradicional desde o ano 1998, a Banda Xuvenil de Torroso celebra o seu propio certamen de Bandas. Este ano celebrarase o Sábado 3 de agosto no recinto de festas da parroquia. Este acto será ademais o pistoletazo de saída das festas patronales do Concello de Mos. Este ano a banda invitada será a Agrupación Musical da Garda, que malia a súa recente creación, estase convertendo nunha das bandas de referencia do sur de Pontevedra e conta xa con máis de 55 compoñentes. A Agrupación Musical da Garda está dirixida polo mestre Víctor Luís Alonso Trinta.

O repertorio que nos interpretará será:

ATENEO MUSICAL-Pasodoble M.Puig.

THE LEGEND OF MARACAIBO J.A.Pina.

CABALEIROS DE SANTIAGO X.L.Represas.

AMAPOLA J.Mª Lacalle/N.Iwai.

CONSUELO CÍSCAR Ferrer Ferrán.

OS MOZOS DO PENEDO M.Novoa

A Banda anfitriona, dirixida pola mestra Anxos Lorenzo, está integrada por 60 mozos músicos con idades comprendidas entre os nove e os trinta e sete anos. O repertorio a tocar será:

OLÉ CONTRABANDISTAS! Ramon García Soler.

LA TORRE DEL ORO G. Giménez.

BANJA LUKA Jan de Haan.

MAR I BEL Ferrer Ferrán.

TICO TICO Abreu, Zequinha / Iwai, Naohiro.

MUIÑEIRA DOS PENDELLOS J.Lois Diéguez.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso conta cunha enorme canteira de nenas e pícaros a partir de catro anos de idade, formando unha gran e recoñecida Escola de Música que crece ano tras ano. Actualmente están matriculados un total de 350 alumnos e alumnas. O éxito desta escola radica no amplo abanico de actividades musicais que oferta, xa que o alumnado pode escoller a música como profesión (modalidade oficial) ou simplemente como actividade de lecer (modalidade libre).

1 de agosto de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.