A Banda de Música da Coruña ofrece un concerto dedicado aos nenos
A Banda Municipal de Música da Coruña ofrece un concerto dedicado aos nenos da cidade. Coa colaboración da asociación Faro de Monte Alto, a Banda Municipal de Música organiza o sábado, 24 de agosto, un concerto na praza de Indalecio Prieto, que dará comezo ás 19.30 horas con entrada libre, onde se poderán escoitar melodías que levan cativando nenos e nenas durante décadas.
Romaría de Santa Margarida
Por outra banda a romaría de Santa Margarita celebrarase este domingo, 25 de agosto. A música galega e celta será a protagonista. Será a partir das 12.00 horas e con entrada libre.











