A baía de Baiona e a ría de Vigo acollerán O Trofeo Príncipe de Asturias de vela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportesDeportes PortadaLocalMarínVigo
A-
A+

Portugal arribará coa súa mellor frota de cruceiros a polo Don Juan de Borbón e o Circuíto Atlántico
A XXVIII edición do Príncipe de Asturias incorpora á Clase Maxi Open
Na cita do Club de Iates estará en xogo novamente o Campionato de España de ORC e 40.7

Imaxe da regata do ano pasado. Foto Tino Pérez

Imaxe da regata do ano pasado. Foto Tino Pérez

A XXVIII edición do Trofeo Príncipe de Asturias, que cada ano organizan de xeito conxunto o Monte Real Club de Yates de Baiona e a Escola Naval Militar de Marín, a través da súa Comisión Naval de Regatas, largará amarras en poucos días.

Do 6 ao 8 de setembro, a Baía de Baiona e a Ría de Vigo acollerán unha nova cita coa vela de alto nivel, a segunda das regatas que conforman o circuíto do Trofeo Presidente Xunta de Galicia, que tutela o club baionés co Real Club Náutico Da coruña e o Real Club Náutico de Sanxenxo.

A gran novidade de 2013 do trofeo dedicado a SAR Don Felipe de Borbón, será a incorporación da Clase Maxi Open, xigantes da navegación a vela que achegarán un espectáculo engadido á competición, algúns deles recien chegados de trazar a Fastnet Rock, no Atlántico irlandés.

En canto aos ORC ponse de novo en xogo no Trofeo Príncipe de Asturias o Campeoanto de España para a Zona Galicia, definido pola agrupación das catro principais Divisións en dous premios principais, o dos Grupos 0-1 e 2-3.

Tamén desenvolverán un papel transcendetal no Príncipe de Asturias os barcos Clásicos e de Época, que volverán sucar as augas de Baiona e a ría viguesa, ao igual que outra das clases reina no Príncipe, a Ladies Cup.

Portugal estará representado pola súa mellor frota de cruceiros, tendo en xogo dous destacados valuartes, o Trofeo Don Juan de Borbón, que premia á mellor embarcación da frota lusa na regata do Club de Iates; e por outro, a finalización do Cicuito Atántico de Cruceros, onde a cita de Baiona é a última regata, a cal determinará o vencedor final.

Por último, os 40.7 volven a celebar o seu especial campionato de España, unha clase bastante numerosa na gran frota dos cruceiros ORC.

Con estes primeiros acenos, a case 15 días da regata, os organizadores estiman a participación roldando entre os 80 e os 100 barcos.

21 de agosto de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.