A aula CeMIT de Boiro rexistra máis de 800 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocalLocal Portada
A-
A+

No mes de agosto rexistráronse máis de 30 novos usuarios da Rede CeMIT de Boiro co cal chegan a un total de 820 usuarios.

No que vai de ano nas aulas CeMIT do concello de Boiro realizáronse máis de 100 actividades, entre as que destacamos sobre todo os cursos de formación e charlas. Nestas actividades participaron persoas de todas as idades, dende os máis pequenos da casa ata as persoas maiores, este  colectivo ven centrando nos últimos anos boa  parte da atención da rede CeMIT polo gran risco de exclusión tecnolóxica que padece, pero no que vai de ano o eixo de traballo fundamental foi a formación  destinada a  persoas en situación de desemprego. A media de visitas mensuais as instalacións e de 1000 entradas/mes, onde a maioria do seu uso por parte dos asistentes centrouse en temas profesionais e de formación.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades (horarios, datas e contidos) poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.boiro@xunta.es

30 de agosto de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.