A Asociación de Empresarios da Guarda presenta as súas pañoletas das Festas do Monte 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal
A-
A+
Nova pañoleta

Nova pañoleta

Todos os anos; no mes de Agosto temos o pracer de gozar das “Festas do Monte Santa Tegra” na localidade da Guarda, e nesta ocasión coa celebración do I Centenario desta.

Por iso; como se vén facendo dende o ano 2000 distribuiranse as nosas pañoletas, sendo este ano de cor “VERDE”.

As pañoletas conmemorativas que ano tras ano turistas e guardeses reclaman como recordo, para colección, para adorno de escaparates e comercios e para ataviarse durante os días de festa, serán repartidas entre os nosos Asociados e posta a disposición do público na tenda de Oportunidades ACIGU C.C.A na R/Concepción Arenal Nº 65; así como na nosa Oficina de Turismo -Comercial situada no Porto da Guarda.

Para iso contamos coa colaboración da Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM), da Federación Galega de Comercio e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.

9 de agosto de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.