A Alameda de Ordes será escenario da XIV Xuntanza de Bandas de Música este domingo
A Alameda de Ordes acollerá o vindeiro domingo a partir das 20 horas a súa tradicional Xuntanda de Bandas de Música, que este ano celebra a súa XIV edición. Un acto que se trasladará tamén ás principais rúas da vila grazas ao pasarrúas previo que ambas agrupacións realizarán ata chegar ao escenario. Enriba das táboas estarán os integrantes da Banda de Música de Boiro e, como non, a Banda de Música de Ordes que un ano máis exercerán de anfitrións.
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta, interpretarán Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estará composto por: Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).
Cada ano a Xuntanza de Bandas de Música congrega a centos de persoas entre veciños, veciñas e visitantes, amantes da boa música e a quenes gustan de disfrutar de concertos ó aire libre. En cada edición acuden como invitados outras formacións galegas provintes das catro provincias.











