266 persoas garantirán a seguridade da Volta Ciclista a España ao seu paso por Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedraProvinciasVigo
A-
A+

Abel Caballero indicou que a Policía Local cubrirá 139 puntos na cidade -107 estáticos e 32 intermedios- mobilizando 18 coches e 30 motos por día e 123 axentes en total, 66 no domingo e 57 o luns. Xunto aos efectivos policiais, o Concello disporá a 65 voluntarios o domingo e outros 36 para o luns e Protección Civil contará con 14 persoas para a primeira xornada e outros 28 para a segunda.

Segundo revelou o alcalde, o Concello acomete a adecuación dos parques e zonas verdes e a limpeza, antes, durante e con posterioridade ao paso dos ciclistas. Caballero tamén apuntou que se instalarán contedores e papeleiras. O goberno local tamén proporciona sinalización e valado de seguridade no percorrido de paso dos ciclistas pola cidade, e o servizo de guindastre, de ser preciso.

“A cidade vai poñer unha mobilización sen precedentes de Policía Local, voluntarios e Protección Civil para garantir o mellor desenvolvemento da Volta Ciclista”, apuntou Abel Caballero.

O domingo 25, a etapa da Volta entrará en Vigo ás 13:50 horas -segundo o horario previsto pola organización-, polo que a Policía Local procederá ao corte de tráfico sobre as 13:15 horas. O luns, 26 de agosto, a etapa parte de Vigo ás 12:55 horas na saída controlada e sobre as 12:15 horas se restrinxirá a circulación nas rúas afectadas. Abel Caballero invitou á cidadanía a disfrutar do paso da Volta pola cidade”.

23 de agosto de 2013 | 01:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.