O Concello analizou a calidade das augas de consumo humano
Información sobre os resultados das analíticas das augas.
Os parámetros analizados corresponden ao especificado no Real Decreto 140/2003, relativo ao control de calidade das augas de consumo humano e foron realizados por laboratorios acreditados en ÚNEA NISO 17025 para esta matriz en concreto.
Resultados:
Obsérvase a presenza de bacterias na súa maioría coliformes nas augas das fontes analizadas, e isto débese principalmente a varios motivos:
. Captación superficial: É posible que a captación non teña a profundidade axeitada, e polo tanto as augas recollidas pola fonte sexan na súa maior parte superficiais, dando lugar a augas contaminadas.
. Instalacións antigas: En ocasións, as instalacións, a pesar de ter profundidade, presentan gretas nos seus condutos que orixinan contaminación. Por estas gretas pode xerarse contaminación por augas pluviais, ou augas superficiais.
. Presenza de fontes de contaminación próxima. A presenza de granxas de animais, cemiterios, ou outras fontes de risco próximas á captación aumentan a probabilidade de existencia de microorganismos.
. Non hai uso de desinfectante. A ausencia de desinfectantes fai que non haxa un freo ao crecemento de colonias bacterianas. Por esta razón, as augas non tratadas en xeral presentan un elevado risco de ser non aptas para o consumo.
Co fin de dar a coñecer os resultados das analíticas e informar á cidadanía da calidade das augas, instalaranse os carteis, de “AUGA SEN GARANTÍA SANITARIA” e se ademais unha vez coñecidos os resultados, indicaranse os parámetros analizados para informar a poboación.
Tamén se realizarán Contraanálises, para verificar que existe contaminación, facendo recollidas en días diferentes e así poder ter máis datos.
As fontes que deron bos resultados son:
. Mogor
. Barriada dá Nosa Señora do Mar
. Allariz
. Esperela
. Pastoriza
As que deron peores resultados son:
. Vistaalegre
. Zapal
. Souto











