15 establecementos hostaleiros de Bertamiráns poderán abrir unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal
A-
A+

Un total de 15 locais hostaleiros situados en Bertamiráns poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora desde o 9 ata o 18 de agosto con motivo das festas da Peregrina. O Concello de Ames remitiu informe favorable sobre a solicitude presentada polos locais na delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Bertamiráns para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas, o Concello realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche de ditos establecementos públicos de Bertamiráns entre os días 9 e 18 de agosto con ocasión das festas da Peregrina.

Nas últimas xornadas, o Concello de Ames estivo acometendo traballos no campo da festa da Peregrina. Unha destas actuacións, levada a cabo polos membros da brigada municipal de obras, foi a revisión e reposición do alumeado do campo, co obxectivo de que estea preparado para as xornadas de festa.

7 de agosto de 2013 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.