publicidade hoxe

136 corredores acadaron a meta na XXII Carreira das Areas en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaDeportesLocal
A-
A+
Participantes na carreira

Participantes na carreira

En pleno verán os atletas compiten por  Galicia adiante, e este sábado 24 de agosto a cita foi na Praia de Carnota para participar nunha carreira sen dúbida diferente ás demais, este ano contamos xa XXII edicións da Carreira das Areas, cuxo circuíto de 10 km discorre por plena praia e por asfalto.

Dadas as peculiaridades desta proba, e para poder correr polas zonas de area dura na praia, a organización ten que ter en conta os horarios das mareas, polo que nesta ocasión a hora fixada para o inicio foi ás 12 h.

Ás 11 da maña deuse a saída aos máis pequenos, os infantiles partiron dende o areal para percorrer por el 0.5 Km e 1.5 km por asfalto para chegar a praza; foron os xuvenís os que correron 3 km, 1.5 pola praia e outros tantos polo asfalto. Entraron por meta un total de 30 corredores e o mellor tempo fíxose en  09:03.09, no caso dos infantiles, e dos xuvenís foi 11:34.17

Inmediatamente despois da chegada dos cativos foi a quenda dos maiores, que neste caso saíron dende o Concello. A primeira baliza, situada a 1.8 Km, marcaba o inicio do areal na súa pasarela de madeira; a segunda estaba situada no lugar de Maceiras, a 2 Km da primeira baliza; e seguindo o percorrido, topamos a última baliza na Boca do Río,  polo que en total corréronse un total de 6 Km pola area e dende alí iniciouse o regreso á praza, para completar os 10 Km.

Un total de 136 corredores pasaron pola meta, o primeiro deles cun tempo de 36:20.37.

Ó remate da proba, houbo avituallamento de comida e bebida, grazas á colaboración de Coca-cola e Gadisa, que ofreceron augas, bebidas refrescantes e outros produtos. Tamén puideron gozar duns exquisitos e xa clásicos roscóns. A entrega de trofeos foi da man do concelleiro de deportes Iván Franco e a tenienta de alcalde Merche Díaz, que lles entregaron aos tres primeiros de cada categoría un bonito trofeo e medallas feita polo ceramista local Nacho Porto. Este ano tamén se entregou o trofeo o primeiro carnotán en chegar a meta.

A clasificación xeral pódese consultar na páxina de cronotec no apartado clasificacións ou  no seguinte enlace: http://clubscarba.cronotec.es/

29 de agosto de 2013 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.