Zafarrancho de limpeza en Doce de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza da área urbana do municipio. Limparase a rúa Doce de novembro en ambas marxes.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en
toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

2 de xullo de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.