publicidade hoxe

XVI Festival San Roque and Roll en Maceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMaceda
A-
A+

18072013-17A Asociación Xuvenil e Cultural Tioira non lucrativa, de Tioira (Maceda, Ourense) organiza o XVI Festival San Roque and Roll.  A programación do XVI festival San Roque and Roll ven a confirmar que quince anos despois é un festival consolidado e é cita ineludible para os amantes da boa música e da festa. Este ano por exemplo, conta con dous grupos, The Lákazans e Recambios Tucho, ámbolos dous creados como subgrupos do mítico Heredeiros da Crus, incuestionable referente da cultura underground galega e expresión sobranceira da propia identidade; e co grupo Collón de Lola que fai homenaxe a nosa infancia cas cancións do programa Xabarín Club da televisión galega, que marcaron a toda una xeración a berro de ¡¡¡Ei Xabarin!!!.
 
Pero ademais de conxuntos consolidados e de recoñecido prestixio o festival pretende servir de plataforma para bandas locais emerxentes como o grupo tioirán Coche no Río impulsando e alentando a carreira de novos talentos musicais. Por eso contará coa actuación desde grupo de rapaces que tiveron o soño de subir a un escenario a demostrar as suas cualidades cos instrumentos e deleitaranos dos grandes existos do Rock nacional e internacional.
 
O 16 de agosto a partires das 22:00, estes referentes musicais galegos daranse cita para ofrecer as súas actuacións.

18 de xullo de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.