XVI Encontros de Participación Cidadá en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizCalendarioLocal
A-
A+

02072013-3O Concello de Allariz acolle o domingo 7 de xullo a XVI edición dos Encontros de Participación Cidadá. O programa de actividades dará comezo ás 10.30 h. cunha reunión coas directivas, ás 11.30 h. está prevista a visita guiada ao Festival de Xardíns e ao Museo Galego do Xoguete; onde ademais de exposición de diversos traballos, tamén haberá obradoiros para nenos e nenas.

En torno ás 13.30 h. dará comezo o xantar no campo da Acearrica ao que seguirá ás 15.00 h. o concurso de sobremesas e como fin de festa, ás 16.00 h. baile e xogos tradicionais.

2 de xullo de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.