XIV concurso de pesca e festa do escalo en Agronovo, Vedra
O vindeiro 14 de xullo na Área Recreativa Agronovo en Santa Cruz de Ribadulla celebrarase unha nova edición da Festa do escalo.
A inscrición para o XIV concurso de pesca do escalo no Ulla será gratuíta e poderá facerse a partires das 09:30 horas.
O pregón será a cargo de Ovidio Rodeiro (Director Xeral de Xuventude) ás 14:00 horas.
Demostración de montaxe de moscas polo artesán montador Rafael de la Iglesia.











