X Festa dos Veciños do Concello de Piñor
Chega a décima edición da tradicional Festa dos Veciños do Concello de Piñor.
Este ano a parroquia organizadora de dito evento é a de San Xoán de Coiras.
A data de celebración é o domingo 21 de xullo e será no campo da festa de Coiras.
Xa podes mercar a túa entrada ós membros das asociacións de veciños do concello ou nos seguintes locais:
– Bar O Refugio (Cotelas)
– Bar Cabana (Freás)
– Bar Ojea (Arenteiro)
– Gasolinera Ateneo (O Reino)
– Bar de Coiras (Coiras)
O prezo son 22 €/ persoa, e o menú é o seguinte: empanada, pulpo, carne ó caldeiro, postre e café. Para os menores de 12 anos o prezo do menú é de 11 €.
A tarde estará amenizada por un grupo musical.
Non perdas esta xuntanza popular, agardamoste en Coiras!!!